Translate

martes, 3 de xaneiro de 2017

OS REIS MAGOS (LÚA CAP.12)


Resultado de imagen de reis magosQuero pensar que este ano 2017 vai ser mellor en todo, para eso avanzan os anos, é de supoñer, porque hai que ser positivos na vida para ser máis felices.


Por eso vos pido moita Saúde, Amor e Felicidade para todo ser humán do mundo... e esperando que estes desexos se cumpran... Despídome.

Apertas, Lúa. 

sábado, 2 de xaneiro de 2016

LÚA, PEDÍNDO BOS DESEXOS (CAPÍTULO 11)


Un ano máis, Lúa, escríbelle ós Reis Magos de Oriente, e dilles; non quero xoguetes pois prefiro que llos deixedes ós nenos pobres que non teñen nada, nin comida, nin mediciñas, nin ordenadores...pois aquí non carecemos de todo eso... O meu desexos son outros menos nomeados e son: MOITA SAÚDE, PAZ (QUE FAI MOITA FALTA) e AMOR.

Con esos tres desexos LÚA xa se conforma porque pensa que non hai que ser egoísta nin ter maldade, pois con humildade chégase lonxe a todo o mundo, e é un consello que lles envía a tod@s pero sobre todo ós máis pequeños da casa. 
    
                                                                 FELIZ 2016 




luns, 5 de xaneiro de 2015

LÚA, NA NOITE MÁXICA (CAPITULO 10)

Para algunha xente as noites resultan ser iguais cada día que pasan, silenciosas, tranquilas sen máis, sen ningunha novidade...pero para outras, como Lúa, a noite da madrugada do seis de xaneiro, de cada ano que pasa, son un tanto especiais, pois están cheas de encanto e de maxia. 

Lúa di que esas noites son algo fora de serie, porque disfruta moito vendo a ilusión dos máis pequenos da familia, e incluso dos non tan pequenos...levándose sorpresas que aparecen pola mañá díante da árbore ou do Belén que se fai en Nadal. 

Ela lembra de ir pola aldea adiante a cantar os reis para que lles deran algunha moneda, e iba  sempre acompañada dos amiguiños, polas casas de todos os veciños e  alegrabanlles a noite con panxoliñas (algo que era tradición e que se perdeu co paso do tempo por outras costumes).

Outra das cousas que máis lle gustaba a ela, era a de escribirlle cartas ós Reis Magos. Nela contáballes o que quería pedirlles, e de paso informalos de que se portara ben, anque eles xa o sabían porque era máxicos. E tamén de deixarlles os zapatos fora na solaina, porque era alí onde lle deixaban os agasallos para ó día seguinte atoparse coas sorpresas de Melchor, Gaspar e Baltasar.

Por eso, nunca deixemos de ser pequenos e de seguir tendo ilusións...

domingo, 11 de maio de 2014

LÚA E O COMENZÓ DUNHA NOVA ETAPA (CAPÍTULO 9)

   Mañá Lúa comenzará unha nova vida. Será un grande reto pra ela, xa que vai ter que afrontar moitos problemas soa, sen axuda de ninguén. Vai ser algo así como unha experiencia na que vai tér que aprender de todo un pouco; as compras, comidas, limpieza, economía, estudos, traballo, salidas, etc..   

   Pero Lúa está un pouco impaciente porque non sabe como será o seu primeiro día, porque é cando te instalas no piso, adaptarse á vida con outras dúas compañeras e cada unha delas ten a súa forma de ser, e sabe que se deben adaptar unhas ás outras. 

   En fin, esperemos que teña moita sorte nesta nova aventura que lle está a punto de empezar.

martes, 18 de marzo de 2014

LÚA E A SÚA VIDA INDEPENDENTE (capítulo 8)

As voltas que da a vida, case sen pensalo, ou eso é o que cre Lúa. Pero dende que deixara media vida en BERGONDO xa pasaron case catro meses. Alí si era independente, pero de forma simulada, porque ensinaban a facelo.

Lúa está nerviosa, impaciente, pero sí feliz de poder empezar de novo unha vida de maneira independiente, pero nesta ocasión de forma real, coa  axuda dunha Asistente Persoal, xa que as limitacións físicas lle impiden facer sola certas cousas da vida diaria. Sabe que os comenzos van ser difíciles pero tamén se dá conta que si se enfrenta a todo esto é porque sabe que tén a capacidade suficiente pra superalo como todo ó mundo.
MOITA SORTE LÚA NESTE NOVO CAMIÑO DA VIDA... ;))

venres, 14 de febreiro de 2014

LÚA (CAPÍTULO 7), DESEXO CUMPRIDO...

Hoxe é un día moi especial para LÚA, e non é que estea namorada nin moito menos, pero cando os desexos se che van cumplindo xa e un grande motivo de ledicia e satisfacción coa vida. 
E de verdade, podédesme crer, pra estar contentos non fai ser millonarios, nin tér parella, pero si disfrutar das cousas pequenas que nos rodean no día a día.
GRACIAS... 

xoves, 5 de setembro de 2013

LÚA - FIN "A MEDIAS" DUNHA ETAPA (CAPITULO 6)


     Cada vez que pasa algo, bo ou malo, está  Lúa máis segura de que non ocorren as cousas só porque sí, senón por algunha razón en concreto. 

Pra ela onte foi un día un pouco distinto porque se pechaba "a medias" unha etapa da súa vida no mundo da boccia (deporte paraolimpico), do cal levaba uns 23 anos competindo, e que se unha se pón a pensar.. son moitos anos de emocións vividos e que gardara con moito agarimo no seu baúl dos recordos. 
Nel meterá momentos de nervios, emocións, ilusións e intrigas. Moitas horas de adestramentos, campionatos galegos e nacionais, dos cales tivo moitos. E sobre todo recordar os voluntarios e adestradores que pasaron polo club, o primeiro ó reca... e que fixeron posible todos estes momentos. 
Gracias a todos. 

Na Armada nevaba

Na Armada nevaba
neve..