Hoxe comenzou o ano 2012, tal como nos indica o título, e teño unha sensación de paz, porque é como se todo empezase de novo nas nosas vidas. Anque realmente non é así, só foi que o reloxo marcou a hora de cambio de ano e máis nada. Eso sí, xa correndo as horas do 2012 eu xa teño outras expectativas distintas. Unha delas é non ter tan abandonado este blogger por que realmente me pertenece e se eu non escribo ninguén o vai facer por min... E confésovos que este espacio naceu no ano 2008, cando eu marchara ó C.P.A.P (Centro de Promoción da Autonomía Persoal) de Bergondo e que me cambiou a vida.. Son consciente de que, este ano que acabamos de empezar, tal vez sexa o meu último no centro e moitas cousas van a cambiar outra vez, pero este sitio tén que seguir, é un dos meus propósitos... Pero teño máis, que vou procurar que se cumplan. Outro deles é o de preocuparme da xente, das amizades que se interesan por min, por que dende logo uns dámolo todo e outros case nada (por non decir nada), e eso non pode ser posto que estón a persoa que leva os paos realmente é sempre a mesma. ¿Que se me estarei facendo egoísta?, eu diría que non, simplemente é síntoma de madurar a base de escarmentar, e esta lección ensinouma alguén que parece ser moi maduro neste aspecto e, como tén razón, a partires de hoxe voulle facer caso.
Quero cambiar, e o que algo quere algo lle costa, pero acabao conseguindo, e eso é o que me vai a pasar a min.
Feliz 2012