Translate

luns, 5 de xaneiro de 2015

LÚA, NA NOITE MÁXICA (CAPITULO 10)

Para algunha xente as noites resultan ser iguais cada día que pasan, silenciosas, tranquilas sen máis, sen ningunha novidade...pero para outras, como Lúa, a noite da madrugada do seis de xaneiro, de cada ano que pasa, son un tanto especiais, pois están cheas de encanto e de maxia. 

Lúa di que esas noites son algo fora de serie, porque disfruta moito vendo a ilusión dos máis pequenos da familia, e incluso dos non tan pequenos...levándose sorpresas que aparecen pola mañá díante da árbore ou do Belén que se fai en Nadal. 

Ela lembra de ir pola aldea adiante a cantar os reis para que lles deran algunha moneda, e iba  sempre acompañada dos amiguiños, polas casas de todos os veciños e  alegrabanlles a noite con panxoliñas (algo que era tradición e que se perdeu co paso do tempo por outras costumes).

Outra das cousas que máis lle gustaba a ela, era a de escribirlle cartas ós Reis Magos. Nela contáballes o que quería pedirlles, e de paso informalos de que se portara ben, anque eles xa o sabían porque era máxicos. E tamén de deixarlles os zapatos fora na solaina, porque era alí onde lle deixaban os agasallos para ó día seguinte atoparse coas sorpresas de Melchor, Gaspar e Baltasar.

Por eso, nunca deixemos de ser pequenos e de seguir tendo ilusións...

Na Armada nevaba

Na Armada nevaba
neve..