Translate

sábado, 24 de decembro de 2011

Saúde, Paz e Felicidade

Sempre nos acordamos dos bos desexos cando chegan estas datas de Nadal, anque realmente deberíamos lembrarnos tódolos días do ano e da xente cando realmente o necesita, pero por desgracia non é así.
En fin, soamente mandarvos o mellor para estas datas navideñas e tamén pra o vindeiro ano 2012.

domingo, 18 de setembro de 2011

A XENTE QUE ME GUSTA...

Gústame a xente que vibra, que non hai que empuxala, que non hai que decirlle que faga as cousas, senon que sabe o que hai que facer e que o fai. 
Gústame a xente con capacidade pra medilas consecuencias das súas accións, a xente que non deixa as solucións ó azar. 
Gustame a xente xusta coa súa xente e consigo mesma, pero que non perda de vista que somos humanos e nos podemos engañar. 
Gustame a xente que pensa que o traballo en equipo entre amigos, produce máis que os caóticos esforzos individuais. 
Gustame a xente que sabe a importancia da ledicia. 
Gustame a xente sinceira y franca, capaz de opoñerse con argumentos serenos e razonables ás decisións dun xefe. 
Gustame a xente de criterio, a que non traga enteiro, a que non se avergoña de recoñecer que non sabe algo ou que se engañou. 
Gustame a xente que, ó aceptalos seus erros, esforzase xenuinamente por non volver a cometelos. 
Gustame a xente capaz de criticarme constructivamente e de frente, a éstos chámoslles os meus amigos. 

Gustame a xente fiel e persistente, que non esvaece cando se trata de alcanzar obxetivos e ideas.
Con xente como ésa, comprométome ó que sexa, xa que con haber tido esa xente ó meu lado doume por ben lucrativo.

 

mércores, 5 de xaneiro de 2011

NOITE MÁXICA, DE REIS MAGOS, DE FELICIDADE

-->
Noite de ceo estrelado, chea de maxia, onde os nenos se deitan cedo para a mañá seguinte levantarse correndo para ver con moita ilusión os agasallos onde cada cinco de decembro de cada ano deixan os Reis Magos de Oriente en todas as casas do mundo enteiro.
Hoxe volve ser unha desas noites de ilusión, na que volven vir os Reis Magos; Melchor, Gaspar e Baltasar …. Virán cargados, coma sempre, cos seus sacos e dentro deles aparte de agasallos que traian moita SAÚDE; porque sen ela non hai vida, AMOR; porque sen este sentimento non somos personas e FELICIDADE; porque sen ela non se disfruta da vida.
BOA NOITE DE REIS, E FELIZ 2011.

Na Armada nevaba

Na Armada nevaba
neve..