Translate

xoves, 5 de setembro de 2013

LÚA - FIN "A MEDIAS" DUNHA ETAPA (CAPITULO 6)


     Cada vez que pasa algo, bo ou malo, está  Lúa máis segura de que non ocorren as cousas só porque sí, senón por algunha razón en concreto. 

Pra ela onte foi un día un pouco distinto porque se pechaba "a medias" unha etapa da súa vida no mundo da boccia (deporte paraolimpico), do cal levaba uns 23 anos competindo, e que se unha se pón a pensar.. son moitos anos de emocións vividos e que gardara con moito agarimo no seu baúl dos recordos. 
Nel meterá momentos de nervios, emocións, ilusións e intrigas. Moitas horas de adestramentos, campionatos galegos e nacionais, dos cales tivo moitos. E sobre todo recordar os voluntarios e adestradores que pasaron polo club, o primeiro ó reca... e que fixeron posible todos estes momentos. 
Gracias a todos. 

xoves, 25 de xullo de 2013

Lúa, solidarizandose con Galicia (capitulo 5)

  Hoxe "LÚA" está apagada, e sen ánimos. A catástrofe do accidente de tren, en Santiago, deixouna moi pensativa. Preguntase así mesma para que se virá ó mundo se moitas das  veces estamos condenados a sufrir. E os medios de comunicación non a deixan respirar porque noite e día teñen todo colapsado coa nova do tren que se saíu nunha curva. 
Foi moita a perda e que dende aquí intenta envíarlle ós familiares e amigos das víctimas o seu profundo pésame.

xoves, 4 de xullo de 2013

BO VERÁN 2003!!!

ACABAN AS CLASES ¡POR FIN!!  E XA ME ESTOU PROGRAMANDO E MENTALIZANDO PRAS VACACIÓNS, POIS TEÑO MOITOS PLANS ORGANIZADOS.. 
ESPERO QUE ESTE VERÁN SEXA COMO REALMENTE MEREZO, PORQUE O DO ANO PASADO FOI BO E Ó FINAL NON TAN BO, PERO COMO DIGO EU, O PASADO PASADO ESTÁ E O IMPORTANTE É O PRESENTE.

FELICES VACACIÓNS A TODOS. 

sábado, 26 de xaneiro de 2013

LÚA, 4º CAPÍTULO


 Hoxe, a día 26 de xaneiro de 2013, "LÚA" puido ir de visita ó hospital a ver ó seu compañeiro, que por fin saíu da U.V.I. e está fora de perigo. Cando entrou na súa habitación el levouse sorpresa porque realmente ela non o avisara de que ía pasar polo hospital. A conciencia dela xa quedou tranquila ó velo ben.

sábado, 5 de xaneiro de 2013

"LÚA", 3º CAPÍTULO

 Hoxe parece ser unha noite especial chea de maxia para os máis pequenos da casa, e pra os maiores tamén, posto que esta madrugada virán os Reis Magos de Oriente. Anque creo que non se debería ser moi egoístas e pidir moitas cousas, porque aínda que nos gusten as sorpresas, penso dende a miña conciencia imaxinaria, que estamos nunha época de moita crise e ós Reis sáelles todo moi caro. Penso que se debería ceder un pouquiño e ser mais conformistas, ademais estou convencida de que canto menos se teña máis se disfruta de todo. 
 E ante todo que non  vos falte nunca a ilusión por nada do mundo, iso é o principal.


mércores, 2 de xaneiro de 2013

"LÚA", NO SEU 2º CAPÍTULO

  Hoxe quero contarvos que o nadal son datas máis que nada pra estar en familia, pero non todos teñen a sorte de estar con ela (polas razóns que sexan). Pero o máis grave dos casos que coñezo, e cercano a min, trata sobre un compañeiro que está dende hai unhas semanas hospitalizado na U.V.I. e non recibe visitas. Ésta persoa é moi forte, e sei que se recuperará. Entón, como non sei se poderei velo, dende este blog tan orixinal, quero envíarlle forzas e ánimo. 

martes, 1 de xaneiro de 2013

1º CAPÍTULO DE "LUA", DÍA 01-01-13. FELIZ ANO

Antes de nada preséntome a todos. Chámome "LÚA", serei a protagonista fantástica desta historia, e vou vos ir contando cada semana cousiñas que se me pasen pola cabeza. 
Eso sí,  pra empezar soamente deséxarvos FELIZ ANO 2013.  

Na Armada nevaba

Na Armada nevaba
neve..