Lúa di que esas noites son algo fora de serie, porque disfruta moito vendo a ilusión dos máis pequenos da familia, e incluso dos non tan pequenos...levándose sorpresas que aparecen pola mañá díante da árbore ou do Belén que se fai en Nadal.
Ela lembra de ir pola aldea adiante a cantar os reis para que lles deran algunha moneda, e iba sempre acompañada dos amiguiños, polas casas de todos os veciños e alegrabanlles a noite con panxoliñas (algo que era tradición e que se perdeu co paso do tempo por outras costumes).
Outra das cousas que máis lle gustaba a ela, era a de escribirlle cartas ós Reis Magos. Nela contáballes o que quería pedirlles, e de paso informalos de que se portara ben, anque eles xa o sabían porque era máxicos. E tamén de deixarlles os zapatos fora na solaina, porque era alí onde lle deixaban os agasallos para ó día seguinte atoparse coas sorpresas de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Por eso, nunca deixemos de ser pequenos e de seguir tendo ilusións...