Translate

luns, 31 de decembro de 2012

BOA SAÍDA E ENTRADA DE ANO 2013

Estamos acabando un ano que a min persoalmente troúxome moitas cousas boas das que non me podo queixar... Lóxico que como toda persoa humana tamén tiven os meus baixóns pero aínda así eso é auga pasada. O importante é de que forma ou con que óllos se miren as cousas ou os momentos vividos..
 Por eso hai que comer as uvas, quén as poida comer, porque a min nunca me da tempo, anque disfruto vendo como se volven todos tolos a poder acabalas antes das doce campanadas e que non sorría ningún deles porque entón xa podía haber atragantamento   :) 

Pero só pido que comencemos o ano con saúde e paz...

luns, 24 de decembro de 2012

UN 2013 CHEO DE BOS DESEXOS

Nunha noite coma hoxe parece que todo é Paz e Ledicia, anque non todos teñen a sorte de ter un fogar, unha familia, ou soamente que disfruten de tranquilidade na propia vivenda. Por eso quero dende aquí desexar o mellor para todos.

Un biquiño e feliz 2013

xoves, 5 de xaneiro de 2012

Panxoliña: ESTA NOITE NACE O NENO

CANTÁMOSLLE ÓS REIS MAGOS, FELIZ NOITE.


Esta noite nace o Neno
entre a xeadas e o xeo
quén poidera Neno meu
vestirte de veludo.

Vinde Pastores,
Chegade pastores,
a adorar ó Neno
que naceu xa.

Unha estrela perdeuse
e no ceo non aparece.
No portal meteuse,
e no teu rostro non brila.

Vinde Pastores,
Chegade pastores,
a adorar ó Neno
que naceu xa.

domingo, 1 de xaneiro de 2012

01-01-2012 - UN ANO CON CAMBIOS POSITIVOS

Hoxe comenzou o ano 2012, tal como nos indica o título, e teño unha sensación de paz, porque é como se todo empezase de novo nas nosas vidas. Anque realmente non é así, só foi que o reloxo marcou a hora de cambio de ano e máis nada. Eso sí, xa correndo as horas do 2012 eu xa teño outras expectativas distintas. Unha delas é non ter tan abandonado este blogger por que realmente me pertenece e se eu non escribo ninguén o vai facer por min... E confésovos que este espacio naceu no ano 2008, cando eu marchara ó C.P.A.P (Centro de Promoción da Autonomía Persoal) de Bergondo e que me cambiou a vida.. Son consciente de que, este ano que acabamos de empezar, tal vez sexa o meu último no centro e moitas cousas van a cambiar outra vez, pero este sitio tén que seguir, é un dos meus propósitos... Pero teño máis, que vou procurar que se cumplan. Outro deles é o de preocuparme da xente, das amizades que se interesan por min, por que dende logo uns dámolo todo e outros case nada (por non decir nada),  e eso non pode ser posto que estón a persoa que leva os paos realmente é sempre a mesma.  ¿Que se me estarei facendo egoísta?, eu diría que non, simplemente é síntoma de madurar a base de escarmentar, e esta lección ensinouma alguén que parece ser moi maduro neste aspecto e, como tén razón, a partires de hoxe voulle facer caso.
Quero cambiar, e o que algo quere algo lle costa, pero acabao conseguindo, e eso é o que me vai a pasar a min.
Feliz 2012

Na Armada nevaba

Na Armada nevaba
neve..