Translate
sábado, 2 de xaneiro de 2016
LÚA, PEDÍNDO BOS DESEXOS (CAPÍTULO 11)
luns, 5 de xaneiro de 2015
LÚA, NA NOITE MÁXICA (CAPITULO 10)
Para algunha xente as noites resultan ser iguais cada día que pasan, silenciosas, tranquilas sen máis, sen ningunha novidade...pero para outras, como Lúa, a noite da madrugada do seis de xaneiro, de cada ano que pasa, son un tanto especiais, pois están cheas de encanto e de maxia.
Lúa di que esas noites son algo fora de serie, porque disfruta moito vendo a ilusión dos máis pequenos da familia, e incluso dos non tan pequenos...levándose sorpresas que aparecen pola mañá díante da árbore ou do Belén que se fai en Nadal.
Ela lembra de ir pola aldea adiante a cantar os reis para que lles deran algunha moneda, e iba sempre acompañada dos amiguiños, polas casas de todos os veciños e alegrabanlles a noite con panxoliñas (algo que era tradición e que se perdeu co paso do tempo por outras costumes).
Outra das cousas que máis lle gustaba a ela, era a de escribirlle cartas ós Reis Magos. Nela contáballes o que quería pedirlles, e de paso informalos de que se portara ben, anque eles xa o sabían porque era máxicos. E tamén de deixarlles os zapatos fora na solaina, porque era alí onde lle deixaban os agasallos para ó día seguinte atoparse coas sorpresas de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Por eso, nunca deixemos de ser pequenos e de seguir tendo ilusións...
domingo, 11 de maio de 2014
LÚA E O COMENZÓ DUNHA NOVA ETAPA (CAPÍTULO 9)
Mañá Lúa comenzará unha nova vida. Será un grande reto pra ela, xa que vai ter que afrontar moitos problemas soa, sen axuda de ninguén. Vai ser algo así como unha experiencia na que vai tér que aprender de todo un pouco; as compras, comidas, limpieza, economía, estudos, traballo, salidas, etc..
Pero Lúa está un pouco impaciente porque non sabe como será o seu primeiro día, porque é cando te instalas no piso, adaptarse á vida con outras dúas compañeras e cada unha delas ten a súa forma de ser, e sabe que se deben adaptar unhas ás outras.
En fin, esperemos que teña moita sorte nesta nova aventura que lle está a punto de empezar.
martes, 18 de marzo de 2014
LÚA E A SÚA VIDA INDEPENDENTE (capítulo 8)
As voltas que da a vida, case sen pensalo, ou eso é o que cre Lúa. Pero dende que deixara media vida en BERGONDO xa pasaron case catro meses. Alí si era independente, pero de forma simulada, porque ensinaban a facelo.
Lúa está nerviosa, impaciente, pero sí feliz de poder empezar de novo unha vida de maneira independiente, pero nesta ocasión de forma real, coa axuda dunha Asistente Persoal, xa que as limitacións físicas lle impiden facer sola certas cousas da vida diaria. Sabe que os comenzos van ser difíciles pero tamén se dá conta que si se enfrenta a todo esto é porque sabe que tén a capacidade suficiente pra superalo como todo ó mundo.
MOITA SORTE LÚA NESTE NOVO CAMIÑO DA VIDA... ;))
venres, 14 de febreiro de 2014
LÚA (CAPÍTULO 7), DESEXO CUMPRIDO...
Hoxe é un día moi especial para LÚA, e non é que estea namorada nin moito menos, pero cando os desexos se che van cumplindo xa e un grande motivo de ledicia e satisfacción coa vida.
E de verdade, podédesme crer, pra estar contentos non fai ser millonarios, nin tér parella, pero si disfrutar das cousas pequenas que nos rodean no día a día.
GRACIAS...
xoves, 5 de setembro de 2013
LÚA - FIN "A MEDIAS" DUNHA ETAPA (CAPITULO 6)

Pra ela onte foi un día un pouco distinto porque se pechaba "a medias" unha etapa da súa vida no mundo da boccia (deporte paraolimpico), do cal levaba uns 23 anos competindo, e que se unha se pón a pensar.. son moitos anos de emocións vividos e que gardara con moito agarimo no seu baúl dos recordos.
Nel meterá momentos de nervios, emocións, ilusións e intrigas. Moitas horas de adestramentos, campionatos galegos e nacionais, dos cales tivo moitos. E sobre todo recordar os voluntarios e adestradores que pasaron polo club, o primeiro ó reca... e que fixeron posible todos estes momentos.
Gracias a todos.
xoves, 25 de xullo de 2013
Lúa, solidarizandose con Galicia (capitulo 5)
Hoxe "LÚA" está apagada, e sen ánimos. A catástrofe do accidente de tren, en Santiago, deixouna moi pensativa. Preguntase así mesma para que se virá ó mundo se moitas das veces estamos condenados a sufrir. E os medios de comunicación non a deixan respirar porque noite e día teñen todo colapsado coa nova do tren que se saíu nunha curva.
Foi moita a perda e que dende aquí intenta envíarlle ós familiares e amigos das víctimas o seu profundo pésame.
xoves, 4 de xullo de 2013
BO VERÁN 2003!!!
ACABAN AS CLASES ¡POR FIN!! E XA ME ESTOU PROGRAMANDO E MENTALIZANDO PRAS VACACIÓNS, POIS TEÑO MOITOS PLANS ORGANIZADOS..
ESPERO QUE ESTE VERÁN SEXA COMO REALMENTE MEREZO, PORQUE O DO ANO PASADO FOI BO E Ó FINAL NON TAN BO, PERO COMO DIGO EU, O PASADO PASADO ESTÁ E O IMPORTANTE É O PRESENTE.
FELICES VACACIÓNS A TODOS.
ESPERO QUE ESTE VERÁN SEXA COMO REALMENTE MEREZO, PORQUE O DO ANO PASADO FOI BO E Ó FINAL NON TAN BO, PERO COMO DIGO EU, O PASADO PASADO ESTÁ E O IMPORTANTE É O PRESENTE.
FELICES VACACIÓNS A TODOS.
sábado, 26 de xaneiro de 2013
LÚA, 4º CAPÍTULO
Hoxe, a día 26 de xaneiro de 2013, "LÚA" puido ir de visita ó hospital a ver ó seu compañeiro, que por fin saíu da U.V.I. e está fora de perigo. Cando entrou na súa habitación el levouse sorpresa porque realmente ela non o avisara de que ía pasar polo hospital. A conciencia dela xa quedou tranquila ó velo ben.
sábado, 5 de xaneiro de 2013
"LÚA", 3º CAPÍTULO
E ante todo que non vos falte nunca a ilusión por nada do mundo, iso é o principal.
mércores, 2 de xaneiro de 2013
"LÚA", NO SEU 2º CAPÍTULO
Hoxe quero contarvos que o nadal son datas máis que nada pra estar en familia, pero non todos teñen a sorte de estar con ela (polas razóns que sexan). Pero o máis grave dos casos que coñezo, e cercano a min, trata sobre un compañeiro que está dende hai unhas semanas hospitalizado na U.V.I. e non recibe visitas. Ésta persoa é moi forte, e sei que se recuperará. Entón, como non sei se poderei velo, dende este blog tan orixinal, quero envíarlle forzas e ánimo.
martes, 1 de xaneiro de 2013
luns, 31 de decembro de 2012
BOA SAÍDA E ENTRADA DE ANO 2013
Estamos acabando un ano que a min persoalmente troúxome moitas cousas boas das que non me podo queixar... Lóxico que como toda persoa humana tamén tiven os meus baixóns pero aínda así eso é auga pasada. O importante é de que forma ou con que óllos se miren as cousas ou os momentos vividos..
Por eso hai que comer as uvas, quén as poida comer, porque a min nunca me da tempo, anque disfruto vendo como se volven todos tolos a poder acabalas antes das doce campanadas e que non sorría ningún deles porque entón xa podía haber atragantamento :)
Pero só pido que comencemos o ano con saúde e paz...
luns, 24 de decembro de 2012
UN 2013 CHEO DE BOS DESEXOS
Nunha noite coma hoxe parece que todo é Paz e Ledicia, anque non todos teñen a sorte de ter un fogar, unha familia, ou soamente que disfruten de tranquilidade na propia vivenda. Por eso quero dende aquí desexar o mellor para todos.
Un biquiño e feliz 2013
Un biquiño e feliz 2013
xoves, 5 de xaneiro de 2012
Panxoliña: ESTA NOITE NACE O NENO
CANTÁMOSLLE ÓS REIS MAGOS, FELIZ NOITE.
Esta noite nace o Neno
entre a xeadas e o xeo
quén poidera Neno meu
vestirte de veludo.
Vinde Pastores,
Chegade pastores,
a adorar ó Neno
que naceu xa.
Unha estrela perdeuse
e no ceo non aparece.
No portal meteuse,
e no teu rostro non brila.
Vinde Pastores,
Chegade pastores,
a adorar ó Neno
que naceu xa.
Esta noite nace o Neno
entre a xeadas e o xeo
quén poidera Neno meu
vestirte de veludo.
Vinde Pastores,
Chegade pastores,
a adorar ó Neno
que naceu xa.
Unha estrela perdeuse
e no ceo non aparece.
No portal meteuse,
e no teu rostro non brila.
Vinde Pastores,
Chegade pastores,
a adorar ó Neno
que naceu xa.
domingo, 1 de xaneiro de 2012
01-01-2012 - UN ANO CON CAMBIOS POSITIVOS
Hoxe comenzou o ano 2012, tal como nos indica o título, e teño unha sensación de paz, porque é como se todo empezase de novo nas nosas vidas. Anque realmente non é así, só foi que o reloxo marcou a hora de cambio de ano e máis nada. Eso sí, xa correndo as horas do 2012 eu xa teño outras expectativas distintas. Unha delas é non ter tan abandonado este blogger por que realmente me pertenece e se eu non escribo ninguén o vai facer por min... E confésovos que este espacio naceu no ano 2008, cando eu marchara ó C.P.A.P (Centro de Promoción da Autonomía Persoal) de Bergondo e que me cambiou a vida.. Son consciente de que, este ano que acabamos de empezar, tal vez sexa o meu último no centro e moitas cousas van a cambiar outra vez, pero este sitio tén que seguir, é un dos meus propósitos... Pero teño máis, que vou procurar que se cumplan. Outro deles é o de preocuparme da xente, das amizades que se interesan por min, por que dende logo uns dámolo todo e outros case nada (por non decir nada), e eso non pode ser posto que estón a persoa que leva os paos realmente é sempre a mesma. ¿Que se me estarei facendo egoísta?, eu diría que non, simplemente é síntoma de madurar a base de escarmentar, e esta lección ensinouma alguén que parece ser moi maduro neste aspecto e, como tén razón, a partires de hoxe voulle facer caso.
Quero cambiar, e o que algo quere algo lle costa, pero acabao conseguindo, e eso é o que me vai a pasar a min.
Feliz 2012
sábado, 24 de decembro de 2011
Saúde, Paz e Felicidade
Sempre nos acordamos dos bos desexos cando chegan estas datas de Nadal, anque realmente deberíamos lembrarnos tódolos días do ano e da xente cando realmente o necesita, pero por desgracia non é así.
En fin, soamente mandarvos o mellor para estas datas navideñas e tamén pra o vindeiro ano 2012.
domingo, 18 de setembro de 2011
A XENTE QUE ME GUSTA...
Gústame a xente que vibra, que non hai que empuxala, que non hai que decirlle que faga as cousas, senon que sabe o que hai que facer e que o fai.
Gústame a xente con capacidade pra medilas consecuencias das súas accións, a xente que non deixa as solucións ó azar.
Gustame a xente xusta coa súa xente e consigo mesma, pero que non perda de vista que somos humanos e nos podemos engañar.
Gustame a xente que pensa que o traballo en equipo entre amigos, produce máis que os caóticos esforzos individuais.
Gustame a xente que sabe a importancia da ledicia.
Gustame a xente sinceira y franca, capaz de opoñerse con argumentos serenos e razonables ás decisións dun xefe.
Gustame a xente de criterio, a que non traga enteiro, a que non se avergoña de recoñecer que non sabe algo ou que se engañou.
Gustame a xente que, ó aceptalos seus erros, esforzase xenuinamente por non volver a cometelos.
Gustame a xente capaz de criticarme constructivamente e de frente, a éstos chámoslles os meus amigos.
Gustame a xente fiel e persistente, que non esvaece cando se trata de alcanzar obxetivos e ideas.
Con xente como ésa, comprométome ó que sexa, xa que con haber tido esa xente ó meu lado doume por ben lucrativo.
xoves, 24 de febreiro de 2011
III CONCURSO DE CARTELES HEINEKEN
![]() | ||||
![]() |
|
mércores, 5 de xaneiro de 2011
NOITE MÁXICA, DE REIS MAGOS, DE FELICIDADE
Noite de ceo estrelado, chea de maxia, onde os nenos se deitan cedo para a mañá seguinte levantarse correndo para ver con moita ilusión os agasallos onde cada cinco de decembro de cada ano deixan os Reis Magos de Oriente en todas as casas do mundo enteiro.
Hoxe volve ser unha desas noites de ilusión, na que volven vir os Reis Magos; Melchor, Gaspar e Baltasar …. Virán cargados, coma sempre, cos seus sacos e dentro deles aparte de agasallos que traian moita SAÚDE; porque sen ela non hai vida, AMOR; porque sen este sentimento non somos personas e FELICIDADE; porque sen ela non se disfruta da vida.
BOA NOITE DE REIS, E FELIZ 2011.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Na Armada nevaba

neve..